lunes, 29 de marzo de 2010

ENTREGA DE MÁIS DE 20000 SINATURARA AO VALEDOR DO POBO

Esta nota foi mandada hoxe á prensa.
INFORMACIÓN Á PRENSA
A Plataforma Galega pola Gratuidade será recibida mañá martes 30 de marzo, ás 10:30 horas,

polo Valedor do Pobo. Nesa reunión a Plataforma faralle entrega das máis de 20 000

sinaturas que se levan recollidas ata o momento na defensa do Sistema de Gratuidade por

Préstamo dos Libros de Texto.

Grazas pola súa colaboración.

Pataforma Galega pola Gratuidade


Seguimos recibindo sinatura no apartado de correos nº 70 da Pobra do Caramiñal.

miércoles, 10 de marzo de 2010

CITA CO VALEDOR DO POBO




O próximo 31 de marzo ás 10:30 da mañá o Valedor do Pobo recibirá a unha representación da Plataforma Galega pola Gratuidade.


Nesa reunión a Plataforma pola Gratuidade faralle entrega ao Valedor das máis de 20 000 sinaturas recollidas a favor da Gratuidade Universal por Préstamo dos Libros de Texto.

















martes, 5 de enero de 2010

Carta ós Reis Magos





Queridos Reis Magos:




Este ano teño algo que pediros moi, moi grande. Algo que chegará a tódalas casas. Algo que levamos moitos anos reivindicando e que un bo día nos chegou, case, case sen esperalo. Pero que tamén un mal día chegou, e tamén case, case sen esperalo para arrebatánoslo.


Este ano pido, que as mentes dos nosos governantes en Galicia, sexan un poquitín, tan só un poquitín máis abertas. Que pensen en tódolos pais e as nais, que estando en crisis, teñen que facer un desembolso para que os nenos e as nenas galegas podan estudiar.


Espero que de aquí a setembro ( mira que vos dou tempo), recapaciten y volvan ó sistema de emprésito, porque é verdade que os nenos e nenas do noso pais, traballan moito mellor, aprender a coidar, a mimar os libros que outros aproveitarán nos seguintes anos.


Queridos Melchor, Gaspar e Baltasar ... somos moitos e moitas os que loitamos para que un dereito volva a nós... somos moitos e moitas os que entendemos que o que se está a facer é totalmente inxusto ... somos moitos e moitas os que creemos que é o mellor sistema para a educación dos cativos... e digo eu que ... tantos e tantas como somos ... non nos erraremos non?


Por iso apelo a vos... para que arrimedes o hombreiro, e que xá que repartides tanta ilusión e tantos agasallos, tamén vos acordedes de desixar nas casiñas dos que nos governan, unha cartiña pedindo que no vindeiro curso 2010-2011, nos devolvan o que é un dereito noso.


Moitas grazas pola vosa atención, e un saúdo da Plataforma Galega Pola Gratuidade

martes, 25 de agosto de 2009

"Préstame un libro de texto"


Pois nada... que ó final hoxe saíu publicado no DOG as axudas para os libros de 1º, 2º 5º e 6º de primaria, para o vindeiro curso 2009-2010.
Qué lle imos facer... pero sentindoo moito, non recuamos!!!
Seguiremos ó pé do cañón ata que se respeten os nosos dereitos!!!
Ah! que non? Pois para empezar que sepades, que o vindeiro venres 28 de agosto, as 19:30 horas, teremos unha CONCENTRACIÓN no Morrazo, concretamente no Paseo da Praia Da Xunqueira de Moaña. E vos preguntaredes que ímos facer... pois agora volo explico... Faremos unha cadea humana co título "Préstame un libro de texto", e irémosnos pasándo un libro , para facer constancia de que estamos a favor do actual sistema de préstamo.Os compañeiros do Morrazo van a estar alí, e pódedes estar seguros que vai a ser todo un éxito!!!
Calquer persoa pode asistir admítense de 0 a 100 anos... ou mais, poque uns porque os terán que pagar e outros porque xá tiveron que pagálos.
Así que xá sabedes " TODOS A MOAÑA" porque:
QUE SAIBAN QUE SOMOS MOITOS E QUE XUNTOS PODEMOS!!!

jueves, 13 de agosto de 2009

CADA DÍA SOMOS MÁIS

CADA DÍA SOMOS MÁIS
Cada vez somos máis os que nos estamos mobilizando pola gratuidade universal por préstamo dos libros de texto no ensino obrigatorio.

O Faro de Vigo faise eco dalgunhas das reunións e mobilizacións que se están levando a cabo na provincia de Pontevedra.

Que ninguén se engane.

NON IMOS PARAR ATA CONSEGUIR O NOSO OBXECTIVO
¡QUE SE MANTEÑA A GRATUIDADE UNIVERSAL DOS LIBROS DE TEXTO!
É UN DEREITO FUNDAMENTAL XA CONSOLIDADO AO QUE NON IMOS RENUNCIAR.
XA SABEN QUE SOMOS MOITOS
XUNTOS PODEMOS!!

Ley de la Comunidad Autónoma de Navarra 6/2008, de 25 de marzo, de financiación del libro de texto para la enseñanza básica

Nas Comunidades Autónomas que non teñen gratuidade universal, son os pais os que se teñen que organizar para organizar o préstamo.
Vos invitamos a ler este comunicado da anpa dun colexio de Madrid.
E se cambian os libros, como é o caso, nin sequera se poden aproveitar os que están en bo estado.
En Málaga son 165000 os nenos que se benefician do sistema de préstamo.



QUE NON NOS ENGANEN!!!
A GRATUIDADE POR PRÉSTAMO É A SOLUICIÓN MÁIS VIABLE
A MÁIS SOLIDARIA, ECOLÓXICA E ECONÓMICA!!!!


UCE insta a todas las comunidades autónomas a implantar sistemas de reutilización de libros.

Ler máis...

"La unión de consumidores de España-UCE considera que el modelo de reutilización es el más positivo en cuanto a la reducción del gasto pero también porque fomenta en el alumno valores de responsabilidad y respeto por el material de trabajo. UCE insta a todas las comunidades autónomas a reimplantar sistemas de reutilización de libros."

Pero...é que algúns aínda se cren que os galegos e as galegas comulgamos con roldas de muíños?

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 (EUROPA PRESS)
El PPdeG señaló hoy que las ayudas para la compra de libros de texto publicadas por la Xunta de Galicia, en sustitución al sistema de préstamo instalado por del bipartito en los colegios públicos, son la muestra de que "por primera vez" en Galicia "habrá gratuidad" en la educación.

.....seguen crendo que pensamos que chove?

sábado, 1 de agosto de 2009