lunes, 29 de marzo de 2010

ENTREGA DE MÁIS DE 20000 SINATURARA AO VALEDOR DO POBO

Esta nota foi mandada hoxe á prensa.
INFORMACIÓN Á PRENSA
A Plataforma Galega pola Gratuidade será recibida mañá martes 30 de marzo, ás 10:30 horas,

polo Valedor do Pobo. Nesa reunión a Plataforma faralle entrega das máis de 20 000

sinaturas que se levan recollidas ata o momento na defensa do Sistema de Gratuidade por

Préstamo dos Libros de Texto.

Grazas pola súa colaboración.

Pataforma Galega pola Gratuidade


Seguimos recibindo sinatura no apartado de correos nº 70 da Pobra do Caramiñal.

miércoles, 10 de marzo de 2010

CITA CO VALEDOR DO POBO




O próximo 31 de marzo ás 10:30 da mañá o Valedor do Pobo recibirá a unha representación da Plataforma Galega pola Gratuidade.


Nesa reunión a Plataforma pola Gratuidade faralle entrega ao Valedor das máis de 20 000 sinaturas recollidas a favor da Gratuidade Universal por Préstamo dos Libros de Texto.

















martes, 5 de enero de 2010

Carta ós Reis Magos





Queridos Reis Magos:




Este ano teño algo que pediros moi, moi grande. Algo que chegará a tódalas casas. Algo que levamos moitos anos reivindicando e que un bo día nos chegou, case, case sen esperalo. Pero que tamén un mal día chegou, e tamén case, case sen esperalo para arrebatánoslo.


Este ano pido, que as mentes dos nosos governantes en Galicia, sexan un poquitín, tan só un poquitín máis abertas. Que pensen en tódolos pais e as nais, que estando en crisis, teñen que facer un desembolso para que os nenos e as nenas galegas podan estudiar.


Espero que de aquí a setembro ( mira que vos dou tempo), recapaciten y volvan ó sistema de emprésito, porque é verdade que os nenos e nenas do noso pais, traballan moito mellor, aprender a coidar, a mimar os libros que outros aproveitarán nos seguintes anos.


Queridos Melchor, Gaspar e Baltasar ... somos moitos e moitas os que loitamos para que un dereito volva a nós... somos moitos e moitas os que entendemos que o que se está a facer é totalmente inxusto ... somos moitos e moitas os que creemos que é o mellor sistema para a educación dos cativos... e digo eu que ... tantos e tantas como somos ... non nos erraremos non?


Por iso apelo a vos... para que arrimedes o hombreiro, e que xá que repartides tanta ilusión e tantos agasallos, tamén vos acordedes de desixar nas casiñas dos que nos governan, unha cartiña pedindo que no vindeiro curso 2010-2011, nos devolvan o que é un dereito noso.


Moitas grazas pola vosa atención, e un saúdo da Plataforma Galega Pola Gratuidade