martes, 5 de enero de 2010

Carta ós Reis Magos





Queridos Reis Magos:




Este ano teño algo que pediros moi, moi grande. Algo que chegará a tódalas casas. Algo que levamos moitos anos reivindicando e que un bo día nos chegou, case, case sen esperalo. Pero que tamén un mal día chegou, e tamén case, case sen esperalo para arrebatánoslo.


Este ano pido, que as mentes dos nosos governantes en Galicia, sexan un poquitín, tan só un poquitín máis abertas. Que pensen en tódolos pais e as nais, que estando en crisis, teñen que facer un desembolso para que os nenos e as nenas galegas podan estudiar.


Espero que de aquí a setembro ( mira que vos dou tempo), recapaciten y volvan ó sistema de emprésito, porque é verdade que os nenos e nenas do noso pais, traballan moito mellor, aprender a coidar, a mimar os libros que outros aproveitarán nos seguintes anos.


Queridos Melchor, Gaspar e Baltasar ... somos moitos e moitas os que loitamos para que un dereito volva a nós... somos moitos e moitas os que entendemos que o que se está a facer é totalmente inxusto ... somos moitos e moitas os que creemos que é o mellor sistema para a educación dos cativos... e digo eu que ... tantos e tantas como somos ... non nos erraremos non?


Por iso apelo a vos... para que arrimedes o hombreiro, e que xá que repartides tanta ilusión e tantos agasallos, tamén vos acordedes de desixar nas casiñas dos que nos governan, unha cartiña pedindo que no vindeiro curso 2010-2011, nos devolvan o que é un dereito noso.


Moitas grazas pola vosa atención, e un saúdo da Plataforma Galega Pola Gratuidade