jueves, 2 de julio de 2009

A GRATUIDADE É UN DEREITO AO QUE NON IMOS RENUNCIAR

O acto de Presentación da Plataforma foi todo un éxito.
O local do ISM da Pobra encheuse de pais e nais dispostos a loitar porque se manteña a gratuidade por préstamo dos libros de texto en todos os colexios públicos e concertados de Galicia.
Debatemos, ata prácticamente as once da noite, sobre cal debería ser o seguinte paso a dar.
Decidimos seguir sumando apoios en defensa da gratuidade por préstamo.
Para termos forza, temos que medrar. Temos que ser cada vez máis.
É imprescindible que fagamos chegar o nosa folla de sinaturas, xunto co noso manifiesto, a cada rincón de Galicia.
A Gratuidade é un DEREITO ao que moitos galegos e moitas galegas non estamos dispostos a renunciar.
QUE SAIBAN QUE SOMOS MOITOS!!!!
XUNTOS PODEMOS!!!!

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. En contestación as declaracións do conselleiro de educación na Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/07/05/0003_7828860.htm), no que fai unha defensa da distribución dos cartos para a compra dos libros de texto, hai que dicir que o conselleiro esta argumentando uns feitos de unha maneira moi “personalista”, por que non creo que nin os seus propios compañeiros e militantes de partido estean de acordo, estamos ante un conselleiro cabezón e dos que creen que eles sempre teñen razón aínda que a maioría das correntes veñan en sentido contrario.

    Dicir que a distribución das riquezas en este pais faise (ou debese facer) dende as declaracións das rendas e os seus impostos, polo que o argumento de que o sistema que defende el e un sistema onde se defende os intereses dos que menos teñen e mentira, posto que os libros de texto dende fai catro anos son gratis para todo o mundo, polo cal, non se lesiona ningún interese nin de rico nin de pobre, entendo que o que teña mais cartos teña que pagar mais na súa declaración de renda e impostos, e é dende aí onde hai que distribuír as riquezas.

    Polo sistema do señor conselleiro os mais ricos tamén poden traer a escola o seu pupitre, o seu encerado ou os seus tizóns, non habería límites. Creo que todo o mundo entende (menos o señor conselleiro) que os libros nun pais onde a educación e obrigatoria e un dereito (como ter pupitre, cadeira ou encerado etc), independentemente das rendas das persoas, pois eses obxectos son do colexio para uso e disfrute do seu alumnado.

    Se a preocupación do señor conselleiro e o aforro, que o faga cos sistemas de distribución de riquezas que todos coñecemos (non baixando os impostos os iates), pero non a costa da educación dos nosos fillos, espero que dende este goberno alguén teña un pouco se senso e rectifique esta cacicada.

    ResponderEliminar
  3. Boas tardes,
    Dende a Anpa do Ceip A Rúa en Cangas contade connosco. Intentei firmar no enlace que tedes pero non funciona e non sabia como poñerme en contacto con vos para dicírvolo.
    Se queredes contactar con nós,
    Email: anpa.arua@gmail.com
    Blog: http://anpaarua.blogspot.com

    ResponderEliminar
  4. E preocupante pensar que despois de tantos anos reclamando dereitos e conseguindo parcialmente xa que sempre temos que comprar algun cuadernillo agora teñamos que renunciar a el por intereses que a nos non nos atañe,parece que pase o que pase o pato sempre o pagamos os mesmos

    ResponderEliminar