martes, 25 de agosto de 2009

"Préstame un libro de texto"


Pois nada... que ó final hoxe saíu publicado no DOG as axudas para os libros de 1º, 2º 5º e 6º de primaria, para o vindeiro curso 2009-2010.
Qué lle imos facer... pero sentindoo moito, non recuamos!!!
Seguiremos ó pé do cañón ata que se respeten os nosos dereitos!!!
Ah! que non? Pois para empezar que sepades, que o vindeiro venres 28 de agosto, as 19:30 horas, teremos unha CONCENTRACIÓN no Morrazo, concretamente no Paseo da Praia Da Xunqueira de Moaña. E vos preguntaredes que ímos facer... pois agora volo explico... Faremos unha cadea humana co título "Préstame un libro de texto", e irémosnos pasándo un libro , para facer constancia de que estamos a favor do actual sistema de préstamo.Os compañeiros do Morrazo van a estar alí, e pódedes estar seguros que vai a ser todo un éxito!!!
Calquer persoa pode asistir admítense de 0 a 100 anos... ou mais, poque uns porque os terán que pagar e outros porque xá tiveron que pagálos.
Así que xá sabedes " TODOS A MOAÑA" porque:
QUE SAIBAN QUE SOMOS MOITOS E QUE XUNTOS PODEMOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario